Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de PRL dirixido ao persoal ao servizo da Admón de xustiza con destino no partido xudicial da Coruña

    Cursos / Luns, 8 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca os cursos de prevención destinados a aqueles/as funcionarios/as que prestan os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia. Esta convocatoria, dirixida ao persoal que presta os seus servizos no partido xudicial da Coruña, así como as próximas convocatorias que se realicen nos restantes partidos xudiciais de Galicia, garantirán que os/as funcionarios/as dos corpos de médicos forenses, xestión administrativa e procesual, tramitación administrativa e procesual e auxilio xudicial posúan a preceptiva formación en materia de riscos laborais.
  • A EGAP e a Deputación de Ourense convocan cursos para o persoal da Administración local de Galicia

    Cursos / Mércores, 3 de Outubro de 2018.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a Deputación de Ourense convócanse dous cursos dirixidos ao persoal da Administración local de Galicia. 
  • A EGAP analiza nunha xornada o papel da muller no ámbito xudicial

    Xornadas / Mércores, 3 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu hoxe unha xornada titulada Xustiza e dereito en igualdade, dirixida facer balance e a analizar polo miúdo a presenza da muller no ámbito xudicial unha vez cumpridos os cincuenta anos da súa incorporación á carreira xudicial.
  • Xornada A corresponsabilidade parental no cesamento da convivencia da parella

    Xornadas / Martes, 2 de Outubro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha xornada para o día 23 de outubro co obxectivo de coñecer e analizar, tanto desde a perspectiva xudicial como psicoemocional, a problemática e as consecuencias dos procesos legais de separación ou divorcio de parellas con fillos/as menores.
  • Conversa en inglés para o PAS das universidades

    Cursos / Venres, 28 de Setembro de 2018.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca catro edicións presenciais do curso Conversa en inglés, dirixidas ao persoal de administración e servizos das tres universidades galegas. A actividade terá lugar nas cidades de A Coruña, Lugo, Ourense e Vigo entre o 17 de outubro e o 3 de decembro.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 119 de 260
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212