Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso monográfico Axustes de contabilidade nacional en contas autonómicas

    Cursos / Martes, 23 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia convoca un curso monográfico para dar a coñecer as habilidades necesarias para aplicar os axustes na contabilidade orzamentaria que prevé o Sistema europeo de contas (SEC) e os criterios da Oficina Nacional de Contabilidade ao respecto.
  • Taller de avaliación de políticas públicas

    Cursos / Luns, 22 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do nstituto de Economía Pública de Galicia, convoca un taller na modalidade de telepresenza co obxectivo principal de abordar a avaliación das políticas públicas, tanto desde un punto de vista teórico como práctico.
  • Cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra de Galicia

    Cursos / Luns, 15 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración pública convoca, en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, un curso superior e un curso medio de linguaxe xurídica galega na modalidade de teleformación. Ambas as actividades van dirixidas ao persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cursos de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 10 de Maio de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración con Cualtis SLU, convoca cursos de formación en prevención de riscos laborais dirixidos en exclusiva ao persoal dos equipos de alarma e evacuación; de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, da Axencia Galega de Innovación e da Residencia de Maiores de Marín.
  • Curso monográfico COVID-19 e Dereito Público: ensinanzas para o futuro

    Cursos / Venres, 5 de Maio de 2023.

    O curso monográfico COVID-19 e Dereito Público: ensinanzas para o futuro pretende afondar, desde a perspectiva do Dereito Público, nas diferentes medidas xurídico-administrativas adoptadas para afrontar a situación de emerxencia ocasionada polo brote epidémico da COVID-19 co obxecto de mellorar a resposta fronte a futuras crises.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 6 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212