Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia

    Cursos / Xoves, 30 de Marzo de 2023.

    A EGAP, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso dirixido a dar a coñecer ao persoal directivo e predirectivo da Administración autonómica os principais retos e medidas en materia de planificación estratéxica da economía pública galega, esencial para garantir o desenvolvemento económico sostible e para asegurar que os recursos públicos se utilicen de maneira responsable e eficiente.
  • Curso monográfico Economía política e estabilidade orzamentaria

    Cursos / Mércores, 29 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, ao abeiro do Instituto de Economía Pública de Galicia, un curso monográfico dirixido a estudar e analizar os conceptos básicos sobre as políticas públicas relacionadas co principio de estabilidade orzamentaria.
  • Cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    Cursos / Mércores, 29 de Marzo de 2023.

    A EGAP, a través dun convenio de colaboración con Cualtis, S.L.U., convoca cursos de formación en prevención de riscos laborais de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dirixidos ao persoal dos equipos de alarma e evacuación, e de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, do Edificio Administrativo de Lugo.
  • Actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero

    Cursos / Martes, 28 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca unha oferta formativa conxunta, dirixida ao persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas, en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero.
  • Actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia

    Cursos / Venres, 24 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca un total de 38 edicións e 1900 prazas dirixidas en exclusiva ao persoal empregado público e ás persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 8 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212