A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro do Instituto de Economía Pública, convoca o curso Cumprimento do principio de DNSH na xestión de fondos europeos, que ten como obxectivo formar ao persoal xestor de fondos europeos Feder e MRR na normativa específica para a aplicación do principio de non causar un dano significativo ao ambiente (DNSH).