Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia

    Cursos / Xoves, 23 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 41 actividades e 1852 prazas dirixidas ao persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional e o resto do persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia.
  • Cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación, administración electrónica e protección de datos

    Cursos / Venres, 17 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), convoca 55 edicións e 2742 prazas en materia de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos.
  • Curso de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Xoves, 16 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, convoca un curso en teleformación de prevención de riscos laborais de nivel básico para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais
  • Primeira convocatoria de actividades dirixida ao persoal da Administración autonómica

    Cursos / Venres, 10 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca 173 actividades e 6923 prazas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
  • Curso para persoal delegado de protección de datos da Xunta de Galicia

    Cursos / Xoves, 9 de Marzo de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración subscrito coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, convoca un curso dirixido aos delegados de protección de datos persoais do sector público autonómico e órganos estatutarios da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxectivo de que coñezan en profundidade os principais aspectos da protección de datos persoais no ámbito das administracións públicas.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 9 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212