Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Cursos para o persoal empregado público das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia

    Cursos / Xoves, 26 de Xaneiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través dun convenio de colaboración co Consello Consultivo de Galicia, convoca sete cursos en teleformación (14 edicións) dirixidos aos/ás empregados/as públicos/as das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia.
  • Convocatoria dos cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega

    Cursos / Mércores, 25 de Xaneiro de 2023.

    A EGAP convoca un total de 30 edicións e 750 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega, dirixidas ao persoal empregado público destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e ao PAS das universidades galegas.
  • Cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa

    Cursos / Martes, 24 de Xaneiro de 2023.

    A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a través dun protocolo de colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca cursos de especialización de conversa en inglés financeiro e da empresa dirixidos en exclusiva ao persoal laboral e funcionario con destino no Igape.
  • Publicado o Plan de formación para o ano 2023

    Cursos / Xoves, 29 de Decembro de 2022.

    A EGAP publica o plan de formación para o ano 2023 dirixido en exclusiva ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración de xustiza de Galicia,das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia. Este plan ten unha finalidade informativa, xa que a matrícula para as actividades habilitarase ao longo do ano a través das respectivas convocatorias. 
  • Novas actividades de formación continua en materia de economía pública

    Cursos / Mércores, 2 de Novembro de 2022.

    Consonte os obxectivos do Instituto de Economía Pública de Galicia, recollidos no protocolo de colaboración polo que se establecen os principios reitores e de funcionamento do devandito instituto, e aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública para o ano 2022 polo Consello Reitor, a EGAP convoca tres cursos en teleformación en materia de economía pública. 


  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 11 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212