Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • II Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística

    Cursos / Luns, 24 de Outubro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística convoca a segunda edición do Curso de cuestións de actualidade e relacións de colaboración con axentes implicados na disciplina urbanística coa finalidade de avaliar as principais novidades normativas na materia desde o enfoque da práctica diaria, clarificar as relacións entre suxeitos que operan na defensa da ordenación do territorio, do urbanismo e do litoral e obter a visión dos diferentes axentes que colaboran para o exercicio das súas respectivas potestades e competencias.
  • Curso sobre as aplicacións prácticas da Lei de subvencións de Galicia, o seu regulamento e os fondos europeos no novo marco temporal Feder 2021-2027

    Cursos / Venres, 21 de Outubro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convoca un curso mixto (teleformación, telepresenza e presencial) de 35 horas dirixido en exclusiva ao persoal laboral e persoal funcionario con destino no Igape.
  • A Xunta destaca a formación en auditoría do sector público para garantir unha Administración máis transparente, eficaz e eficiente

    Cursos / Mércores, 5 de Outubro de 2022.

    O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos López-Prado, inaugurou hoxe na Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela o curso superior Auditoría no sector público, organizado pola EGAP en colaboración co Consello de Contas de Galicia.
  • Curso superior sobre auditoría no sector público

    Cursos / Xoves, 22 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso dirixido a afondar no coñecemento, desde unha perspectiva aplicada, dunha das principais técnicas de control da xestión pública. En particular, preténdese proporcionar os instrumentos necesarios para desenvolver auditorías eficaces no seo das administracións. Para tal fin, analizarase todo o proceso dunha auditoría desde a súa planificación ata a execución do traballo e a elaboración de informes, a difusión dos seus resultados e o seguimento de recomendacións.
  • Curso Lei xeral orzamentaria

    Cursos / Xoves, 22 de Setembro de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, a través do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca un curso en teleformación que ten como finalidade que o alumnado se achegue á Lei xeral orzamentaria de xeito que poida adquirir ou, se é o caso, actualizar os seus coñecementos na materia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 12 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212