Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso de formación sobre plans de autoprotección por incendios forestais

    Cursos / Mércores, 7 de Setembro de 2022.

    De acordo co convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Central Sindical Independente e de Funcionarios de Galicia (CSIF Galicia) convócase un curso dirixido ao persoal empregado público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que estea en servizo activo no prazo de presentación de solicitudes ou que estivese prestando servizos durante o ano 2022 en actividades principais ou auxiliares na defensa, prevención e/ou extinción de incendios forestais, tales como peóns/oas forestais, bombeiros/as forestais, condutores/as de motobomba, emisoristas e vixilantes fixos.
  • Cursos para persoal dos entes instrumentais do sector público autonómico

    Cursos / Xoves, 1 de Setembro de 2022.

    A EGAP convoca accións formativas dirixidas ao persoal das seguintes entidades: Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI Galicia), Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCC), Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), Galicia Calidade, S.A.U., Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A. (CRTVG), Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) e Redes de Telecomunicación Galegas (Retegal, S.A.).
  • Cursos do segundo semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022

    Cursos / Mércores, 31 de Agosto de 2022.

    A EGAP, en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, convoca os cursos correspondentes ao segundo semestre do Plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia do ano 2022 no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
  • Cursos de prevención de riscos laborais de nivel básico

    Cursos / Venres, 19 de Agosto de 2022.

    De acordo co convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), convócase un curso en materia de prevención de riscos laborais dirixido ao persoal empregado público, persoas traballadoras por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.


  • Curso para persoal delegado de protección de datos persoais sobre a protección de datos no contexto das relacións laborais

    Cursos / Xoves, 4 de Agosto de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, un curso en teleformación dirixido ao persoal delegado de protección de datos nomeado (en diante, DPD), incluíndo o que teña a condición de suplente ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, na Administración xeral da Xunta de Galicia, no sector público autonómico e órganos estatutarios, así como aquel persoal que colabore habitualmente cos delegados/as de protección de datos nomeados, formando parte do equipo de apoio a estes/as, nos ámbitos indicados anteriormente.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 13 de 117
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212