Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Curso para persoal delegado de protección de datos persoais sobre a protección de datos no contexto das relacións laborais

    Cursos / Xoves, 4 de Agosto de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, un curso en teleformación dirixido ao persoal delegado de protección de datos nomeado (en diante, DPD), incluíndo o que teña a condición de suplente ou cuxo nomeamento estea previsto a curto prazo, na Administración xeral da Xunta de Galicia, no sector público autonómico e órganos estatutarios, así como aquel persoal que colabore habitualmente cos delegados/as de protección de datos nomeados, formando parte do equipo de apoio a estes/as, nos ámbitos indicados anteriormente.
  • Convocadas actividades de formación continua para o persoal da Administración autonómica no segundo semestre

    Cursos / Xoves, 23 de Xuño de 2022.

    A EGAP convoca 51 edicións e 1842 prazas dirixidas ao persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional.
  • Curso superior de Administración electrónica

    Cursos / Mércores, 15 de Xuño de 2022.

    A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, convoca unha nova edición do curso superior de Administración electrónica que terá lugar en modalidade mixta (presencial e teleformación) entre o 13 de setembro e o 25 de outubro.
  • Curso monográfico A intelixencia artificial na Administración

    Cursos / Xoves, 2 de Xuño de 2022.

    Os extraordinarios avances tecnolóxicos dos últimos anos xeraron a irrupción da denominada “intelixencia artificial”, que se está a introducir en todos os sectores empresariais, así como na Administración, o que fai necesario abordar a súa regularización. Actualmente, estase a tramitar unha proposta da Comisión Europea de Regulamento sobre intelixencia artificial, que abordará os seus principais aspectos xurídicos no marco da Unión Europea. 
  • Publicada a convocatoria extraordinaria de actividades de formación continua

    Cursos / Mércores, 25 de Maio de 2022.

    Convocadas as actividades de formación continua correspondentes ao primeiro semestre do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, rexistrouse un elevado número de solicitudes nalgunhas da actividades formativas que é preciso atender. En consecuencia, desde a EGAP decidiuse responder a esta demanda mediante a realización dunha convocatoria extraordinaria.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 14 de 118
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212