Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • Xornada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro

    A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza unha xornada titulada Reforma da Constitución, reforma territorial: puntos de encontro, que ten como obxectivo abrir unha reflexión sobre a eventualidade de que chegue a producirse en España un proceso de reforma constitucional e sobre a importancia que tal reforma podería ter, se é o caso, para a posta ao día do sistema autonómico.
  • A EGAP convoca o III Foro de emprego público

    A Escola / Xoves, 25 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública organiza o III Foro de emprego público sobre temas de actualidade: tendencias e perspectivas postcrise, desenvolvemento autonómico, a negociación colectiva, o directivo público profesional e instrumentos de mellora na xestión de e para as persoas, co obxectivo de analizar diversas cuestións de actualidade, facendo fincapé naquelas temáticas que, pola súa complexidade ou ambigüidade na súa interpretación, merecen ser obxecto de debate e reflexión no marco deste foro.
  • A EGAP aposta pola linguaxe de signos na formación do persoal da Admón autonómica

    A Escola / Luns, 22 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convocou, no DOG do 8 de xullo, as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2016, o que supuxo un total de 74 cursos e 2.250 prazas destinadas aos empregados públicos da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. Deste xeito, o citado colectivo pode acceder a un programa específico deseñado para desenvolver a súas habilidades e capacitación coa finalidade última de mellorar o servizo á cidadanía.
  • Actividades formativas en colaboración coa CSIF-Galicia

    A Escola / Mércores, 17 de Agosto de 2016.

    De acordo co convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública e a Central Sindical Independiente y de Funcionarios de Galicia (CSIF-Galicia) convócanse as seguintes actividades formativas:
  • Curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

    A Escola / Venres, 12 de Agosto de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública e Mugatra Sociedade de Prevención, S.L.U organizan un curso de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación destinado ao persoal que presta servizos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 156 de 257
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212