Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • III Premio internacional de investigación Instituto García Oviedo

    Investigación / Mércores, 28 de Setembro de 2016.

    O Instituto Universitario de Investigación García Oviedo da Universidade de Sevilla convoca a terceira edición do “Premio Internacional de Investigación Instituto García Oviedo”, que ten como obxecto fomentar a investigación e a súa difusión no ámbito do Dereito administrativo.
  • Xornada: A Administración pública fronte ao reto do Building Information Modeling

    Xornadas / Luns, 26 de Setembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública e a Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A, convocan unha xornada para explicar a importancia da metodoloxía BIM nos proxectos de construción, presentar a estratexia nacional BIM do Goberno, dar a coñecer as experiencias BIM na Administración pública e debater sobre estratexias de implantación.
  • Curso de urbanismo para arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración

    Cursos / Mércores, 21 de Setembro de 2016.

    A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, un curso de urbanismo para arquitectos e outros técnicos ao servizo da Administración.
  • Curso de ergonomía, experto/a en metodoloxía Ocra Checklist revisado

    Cursos / Venres, 16 de Setembro de 2016.

    Grazas ao convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) convócase un curso de ergonomía, experto/a en metodoloxía Ocra Checklist revisado (Norma UNE-EN 1005-5 e ISO TR 12295) destinado ao persoal técnico do Issga e da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
  • Convocada a XIX edición do Premio Manuel Colmeiro

    Investigación / Venres, 16 de Setembro de 2016.

    A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca o Premio Manuel Colmeiro na súa décimo novena edición para traballos de investigación, inéditos e escritos en lingua galega , sobre a organización, estrutura, función e ámbitos competenciais da Administración pública de Galicia desde unha perspectiva xurídica, sociolóxica ou económica.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 158 de 262
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212