Curso destinado a ofrecer coñecementos específicos sobre a protección das intervencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade. Esta actividade permitirá coñecer cales son os instrumentos xurídicos para defender un dereito de patente e identificar as actividades que se poden prohibir. Así mesmo, amosará os mecanismos xurídicos existentes para determinar quen é o lexítimo titular dunha patente e, de ser o caso, en que circunstancias se pode ceder ou licenciar o seu uso a terceiros.