Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
Recursos

Novas

  • A EGAP e o CIXTEC organizan un curso sobre Data SharePoint 2010

    Cursos / Venres, 8 de Maio de 2015.

    En virtude do convenio de colaboración asinado entre o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-financeira e Contable (CIXTEC) e a Escola Galega de Administración Pública ponse en marcha un curso sobre Data SharePoint 2010 – Arquitectura, implementación e explotación da intranet da Consellería de Facenda.
  • A EGAP e o ISSGA convocan un curso de manipulación de pacientes con mobilidade reducida

    Cursos / Venres, 8 de Maio de 2015.

    Grazas ao convenio de colaboración asinado entre a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) organízase un curso de manipulación de pacientes con mobilidade reducida.
  • Os expertos reivindican a importancia da formación para consolidar a reforma administrativa

    Xornadas / Mércores, 6 de Maio de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública acolleu esta mañá unha xornada sobre As futuras leis de procedemento administrativo e de réxime xurídico do sector público á que asistiron máis de 250 participantes. Nela tres recoñecidos expertos do Dereito administrativo analizaron o futuro do ordenamento xurídico da Administración a través das dúas futuras normas nucleares que regularán o sector: o Anteproxecto de lei do procedemento administrativo común das administracións públicas e o Anteproxecto de lei de réxime xurídico do sector público.
  • Curso de especialización sobre ferramentas básicas para a resolución de conflitos

    Cursos / Martes, 28 de Abril de 2015.

    A EGAP convoca unha actividade formativa destinada a iniciar os profesionais do Dereito e o persoal ao servizo da Administración de xustiza no proceso de mediación, analizando as habilidades que deben adquirir para o tratamento dos conflitos. A través dela o alumnado aprenderá sobre a comunicación e o control de emocións, o coñecemento dos conflitos (identificación, dinámica de conflitos, estilos de resolución) e a mediación.
  • Novo prazo de presentación de solicitudes para as probas libres TIC

    Cursos / Martes, 28 de Abril de 2015.

    A Escola Galega de Administración Pública abre un novo prazo de matrícula para presentar solicitudes para as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia, convocadas no DOG do 2 de marzo de 2015.
  •   AnteriorSeguinte 
    Pax 188 de 258
SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212