A ordenación urbana caracterízase por ser unha potestade altamente discrecional. O planificador conta cunha amplísima marxe de decisión para configurar o modelo de territorio, enfrontándose a problemas tanto de concepto como de límite e poder xudicial. Os estándares urbanísticos, os convenios de planeamento e o caracter regulado das licenzas preséntanse como límites desta discrecionalidade, que no últimos anos reveláronse insuficientes, tendendo actualmente ao urbanismo sostible baseado no principio de transversalidade de determinados dereitos e valores da cidadanía, o que confire unha nova pegada á planificación urbanística, e obriga a introducir novas metodoloxías e variables pouco tidas en conta ata agora.