O urbanismo é un campo enormemente dinámico, sendo tanto as políticas públicas como privadas cualificadas de entorpecedoras pola xurisprudencia do Tribunal Supremo. Existe un problema de interacción entre o Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Solo, de ámbito nacional, e a Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección del Medio Rural de Galicia, en canto á calificación dos solos. Estas normas definen o estatuto xurídico básico da propiedade, xunto a outros criterios e formas de utilización do solo, a transmisión de fincas e o dereito á información. O proceso de xestión urbanística precisa dende o punto de vista subxectivo do titular da propiedade, da administración e do empresario, e dunha normativa clara que encadre as actuacións de todos eles. Nestes momentos estase a tramitar unha nova modificación que dotará de seguridade xurídica ao sector.