Escola Galega de Administración Pública
Mapa web   |   Accesibilidade   |   Contacto
EGAP EGAPFORMACIÓN MULTIMEDIA ACTUALIDADE COÑECEMENTO
PU10010 - Xornadas sobre paisaxe con cidade ao fondo: cultura, patrimonio e administración
Imaxe Curso/Xornada

O obxectivo destas xornadas é reflexionar e debater arredor das sinerxias que xorden na administración, o patrimonio cultural e o seu aproveitamento dentro dun marco tan significativo para Galicia como é a cidade histórica. Abordarase desde as perspectivas urbanística, patrimonial, arquitectónica e histórico-artística.

DESCARGAR DOCUMENTOS
Edicións
SANTIAGO1
Localidade
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Inicio
13/04/2010
Fin
13/04/2010
Prazas
288
Programa
Inauguración. Pablo Figueroa Dorrego, director da Escola Galega de Administración Pública.
Martes, 13 de Abril de 2010.
  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

Santiago de Compostela, á fin do Camiño.
Martes, 13 de Abril de 2010.

Explicación do significado e da evolución ao longo da historia das diferentes prazas que rodean a catedral de Santiago de Compostela e da catedral propiamente dita. Análise do culto e da iconografía do interior facendo fincapé nas figuras que se representan (Santiago o Maior, Santiago o Menor, Salomé, María Magdalena, Santa Susana etc.) e no seu conxunto de reliquias.
 

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Memoria e patrimonio na cidade: o exemplo de Valladolid
Martes, 13 de Abril de 2010.

Hai dous elementos fundamentais que engaden valor: a ecoloxía e o patrimonio. Con respecto a este, crea unha forte sinerxia co turismo, que ademais se vincula co ocio. O patrimonio ten a particularidade de que é percibido de xeito distinto por cada persoa.

Na cidade de Valladolid conflúen unha serie de atractivos turísticos relacionados co patrimonio, entre os que se inclúen museos, esculturas, monumentos a personaxes e exaltacións relixiosas.
 

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Iconografía urbana. A imaxe da cidade histórica en Galicia a través da plástica do século XX
Martes, 13 de Abril de 2010.

Análise dos símbolos de Santiago de Compostela a finais do século XIX e durante o XX que axudaron a configurar a súa identidade. O principal emblema da cidade é o escudo, composto pola cruz de Santiago e acompañado polo cáliz e a tumba do apóstolo. Tamén é moi frecuente o uso da venera, que ademais é o símbolo do peregrino.

Outros dos elementos que axudaron ao longo do tempo a crear a imaxe de Santiago son a Catedral, a praza do Obradoiro, a torre da Berenguela, as Platerías coa fonte dos cabalos, o Pórtico da Gloria, o apóstolo, os xigantes e os cabezudos e a Porta Santa entre outros.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

Urbanismo, ordenación do territorio e patrimonio cultural
Martes, 13 de Abril de 2010.

As cidades son unha parte fundamental do noso patrimonio que veñen adquirindo, de maneira progresiva, un maior protagonismo e importancia. Este espazo urbano aglutina usos industriais, de ocio, sociais e comerciais, creando, deste xeito, unha cohesión social. As cidades configuran a paisaxe e acumulan patrimonio cultural e histórico, polo que se formula como reto de futuro a sostibilidade e a harmonía entre todos os elementos.

Para protexer este patrimonio é fundamental a elaboración de lexislacións específicas e a creación de catálogos.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

A cidade histórica no marco xurídico
Martes, 13 de Abril de 2010.

O concepto de patrimonio cultural construíuse gradualmente a partir do de patrimonio histórico. Desde as administracións públicas existe o deber de garantir a conservación dos bens culturais e a lexislación debería solucionar as situacións de incumprimento ou ineficacia. Polo tanto, as accións públicas deberían estar encadradas dentro de tres liñas de actuación: ordenación xurídica de bens culturais desde unha perspectiva de goce colectivo, fomento da conservación e apreciación dos bens e o procedemento sancionador.

O patrimonio cultural debe xestionarse cunha perspectiva plural e interdisciplinar, fomentando actividades compatibles coa conservación dos bens e conseguindo que os titulares dos bens os coiden e os manteñan en bo estado.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda: De cara á unha nova lexislación sobre patrimonio
Martes, 13 de Abril de 2010.

Os relatores afondan sobre a necesidade dunha nova lexislación e sobre a influencia do urbanismo na protección do patrimonio cultural. Tamén se abordan pormenorizadamente outros temas como o peso da lexislación relacionada co ordenación do territorio, a protección do patrimonio etnográfico, a falta de axilidade nalgúns trámites e a desnaturalización da finalidade dos bens protexidos mediante a rehabilitación.

Rosario Alonso Ibáñez, directora xeral de Solo e Políticas Urbanas no Ministerio de Vivenda
José M. Rey Pichel, director xeral do Patrimonio Cultural, consellería de Cultura e Turismo
Ángel Sicart Giménez, departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

Rutas, fortalezas e cidades. O singular caso de Marrocos.
Martes, 13 de Abril de 2010.

Os itinerarios culturais non son só un camiño, senón que integran todos os bens que se atopan ao seu paso e as paisaxes naturais, que lle dan un valor engadido. Debido ás particularidades da costa Atlántica de Marrocos a UNESCO recomendou realizar un inventario preliminar de todos os castelos e cidades hispano-portuguesas presentes nesa zona. Neste relatorio, numerosas fotografías acompañadas dunha ampla explicación xustifican a construción do dito itinerario cultural.
 

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

A lexitimidade dun encontro. A definición dunha identidade visual para a cidade histórica.
Martes, 13 de Abril de 2010.

A creación dunha imaxe visual dun centro histórico é fundamental para a sociedade e para o turismo, pero debe evitarse o abuso de certas imaxes para non baleiralas de contido, xa que deste xeito se perdería o enlace cos sinais de identidade. Tamén se debe ter en conta a relación da sociedade co patrimonio e as categorías de turistas, que teñen diferentes expectativas e intencións.

O proceso de comunicación global do patrimonio cultural pasa polas fases de investigación, planificación estratéxica, execución da difusión cultural e execución da comunicación. A través disto pódese crear unha imaxe adecuada coa que se eduque á sociedade, se divulgue información e se dea a posibilidade de interpretar o patrimonio á cidadanía.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

Permanencia e renovación urbanas. O caso de Santiago de Compostela.
Martes, 13 de Abril de 2010.

A cidade de Santiago de Compostela experimentou un forte cambio nas últimas décadas ata converterse nun exemplo de conservación do patrimonio. Por este motivo recibiu numerosos recoñecementos nacionais e internacionais entre os que destacan as declaracións de Patrimonio de Humanidade e de Itinerario Cultural Europeo.

A definición de conxunto histórico dun territorio obriga aos concellos a redactar un plan especial para a área afectada. No caso de Santiago de Compostela os eixes do dito plan son a recuperación da acción central, vocación económica e institucional; a protección do patrimonio edificado; a mellora do edificado e do programa de vivendas; e o desenvolvemento do uso peonil.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Diálogos urbanos entre a historia e a modernidade
Martes, 13 de Abril de 2010.

A cidade de Zaragoza levou a cabo un proxecto museolóxico que deu lugar a un concurso de arquitectura para reformar dous edificios históricos emblemáticos. Neste caso, Zaragoza optou pola modernidade urbanizando uns terreos que foron poboados con arquitecturas efémeras e permanentes despois de diversas propostas de diferentes arquitectos.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

A nova arquitectura na paisaxe urbana da cidade histórica galega
Martes, 13 de Abril de 2010.

Repaso dalgunhas das actuacións urbanísticas máis importantes dos últimos séculos as vilas da Coruña e Santiago de Compostela, empregando tamén como exemplos as cidades de París, Viena e Valencia. Tómanse como referencia cinco aspectos: o ensanche como solución para o crecemento urbanístico, a restauración do estilo como descontextualización da memoria, a construción da paisaxe urbana nun século, a complicidade entre a antiga e a nova arquitectura e a nova arquitectura como motor do urbanismo futuro.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

A Igrexa e a configuración do seu novo patrimonio arquitectónico.
Martes, 13 de Abril de 2010.

Estudo do patrimonio relixioso e das súas peculiaridades arquitectónicas a través dos edificios que existen en Santiago de Compostela. Analízanse non só os templos antigos, que foron capaces de sobrevivir á Guerra Civil, senón tamén aqueles que xurdiron na segunda metade do século XX como froito da gran expansión urbanística da cidade. As novas tendencias mostran a intención de abrir as igrexas ao entorno e crean interiores baleiros pero cun grande simbolismo.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

A Torre de Hércules. Un expediente para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade.
Martes, 13 de Abril de 2010.

O proceso de inclusión da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade incluíu a elaboración dun minucioso expediente no que non só é preciso transmitir a importancia dese ben, senón tamén a súa integración na contorna urbana. Este traballo precisou dunha descrición da evolución do monumento ao longo dos séculos que mostrase que, a pesar dos cambios, seguía a conservar a súa identidade e a súa autenticidade; ademais de numerosa documentación gráfica.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

A construción da imaxe da cidade de Valladolid a través do mito da Historia da Arte.
Martes, 13 de Abril de 2010.

Análise da construción da imaxe da cidade de Valladolid ao longo dos séculos, ofrecendo unha perspectiva tanto interna como externa. Na creación desta imaxe inflúen diversos elementos, polo que se mostran representacións artísticas, crónicas, libros, ordenanzas, edificios, etc. Ofrece unha recompilación de imaxes (pinturas e fotografías) que reflicten a evolución da cidade ata o século XIX.
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

Centro histórico e sustentabilidade
Martes, 13 de Abril de 2010.

O desenvolvemento do centro urbano está ligado ao da economía e tamén á procura dun equilibrio coa natureza e á implantación de innovacións. Pero este desenvolvemento tamén crea desequilibrios relacionados coa exclusión, a cohesión social e a mellora dos espazos públicos.Tendo en conta todos os elementos anteriores debería buscarse un espazo urbano que reunise as calidades de equilibrio social, prosperidade económica e sustentabilidade.

Inclúe a análise da estrutura de poboación de diferentes barrios de Madrid, que mostran as tendencias existentes, e relaciónase co tamaño e o prezo das vivendas; e unha proposta de remodelación para un caso concreto.

  •  
    •   Video
    •   Audio
    •   Present

Máis alá do albor. Conservación da autenticidade do patrimonio urbano e desenvolvemento sostible.
Martes, 13 de Abril de 2010.

A autenticidade é fundamental na conservación do patrimonio material arquitectónico, porque é unha das formas nas que se materializa a memoria colectiva. A pesar de que occidente busca recuperar a autenticidade, un valor en alza, corre o risco de convertelo en algo superficial e frívolo, de asimilalo a paisaxes de miseria e de marxinación, comparándoo cun espazo similar a un parque temático para dar satisfacción ás demandas turísticas ou administrativas.

Ofrece exemplos de restauración, remarcando aspectos positivos e negativos, das cidades de Burdeos (Francia), Istambul (Turquía), Djenne (Malí) e Hait Ben-Addou (Marrocos).

  •  
    •   Video
    •   Audio

Mesa redonda: patrimonio, paisaxe e sustentabilidade.
Martes, 13 de Abril de 2010.

Debate arredor dos conceptos de autenticidade e sustentabilidade. 

Fernando Roch fai unha defensa da cidade como recurso básico da innovación, do progreso e da economía. Tamén recoñece que o modelo actual da vida urbana está esgotado. 

Eva Valle Legido cre importante recuperar a proximidade e a confianza cos espazos que están na nosa memoria, forman parte da nosa identidade e suxiren a idea de compartir cousas. 

Pilar García Cuetos resalta a importancia da sensación de pertenza a un lugar e relaciónao coa reforma de espazos.


Eva Valle Legido, arquitecta.
Fernando Roch Peña, departamento de Urbanismo e Ordenación do Territorio da Universidade Politécnica de Madrid
Pilar García Cuetos, departamento de Historia da Arte e Musicoloxía da Universidade de Oviedo
 

  •  
    •   Video
    •   Audio

Clausura da xornada
Martes, 13 de Abril de 2010.

  •  
    •   Imaxes
    •   Video
    •   Audio

SIGUENOS ...
 
Matrícula
 
AULA VIRTUAL
 
CONTIDOS RELACIONADOS
 
CONTACTO
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a | RSS
Ir a información de Xacobeo 212