A cidade de Santiago de Compostela experimentou un forte cambio nas últimas décadas ata converterse nun exemplo de conservación do patrimonio. Por este motivo recibiu numerosos recoñecementos nacionais e internacionais entre os que destacan as declaracións de Patrimonio de Humanidade e de Itinerario Cultural Europeo.
A definición de conxunto histórico dun territorio obriga aos concellos a redactar un plan especial para a área afectada. No caso de Santiago de Compostela os eixes do dito plan son a recuperación da acción central, vocación económica e institucional; a protección do patrimonio edificado; a mellora do edificado e do programa de vivendas; e o desenvolvemento do uso peonil.