Os itinerarios culturais non son só un camiño, senón que integran todos os bens que se atopan ao seu paso e as paisaxes naturais, que lle dan un valor engadido. Debido ás particularidades da costa Atlántica de Marrocos a UNESCO recomendou realizar un inventario preliminar de todos os castelos e cidades hispano-portuguesas presentes nesa zona. Neste relatorio, numerosas fotografías acompañadas dunha ampla explicación xustifican a construción do dito itinerario cultural.