Concepción Campos Acuña, secretaria do Concello de Vigo
Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2001, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sobre edificacións sen licenza.
Exposición das diferenzas que se dan na actualidade entre os grandes e os pequenos concellos galegos á hora de aplicar a normativa urbanística, principalmente debido aos medios dos que dispoñen as entidades municipais. Fai un repaso das edificacións sen licenza, da situación legal fóra da ordenación, da regulación fóra de ordenación, do contido da solicitude e dos efectos da non legalización.