O proceso de inclusión da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade incluíu a elaboración dun minucioso expediente no que non só é preciso transmitir a importancia dese ben, senón tamén a súa integración na contorna urbana. Este traballo precisou dunha descrición da evolución do monumento ao longo dos séculos que mostrase que, a pesar dos cambios, seguía a conservar a súa identidade e a súa autenticidade; ademais de numerosa documentación gráfica.