Presentación do proceso de creación da nova marca turística de Galicia na que está a traballar a secretaría xeral de Turismo no marco do novo plan de Turismo 2010-2013. Este proceso comeza co diagnóstico da marca Galicia e continúa cun estudo de mercado que serve para atopar os modos de vender Galicia como un destino diferenciado e con moitos recursos, descubrindo así os elementos únicos do destino. O seguinte paso é o establecemento dos tres piares do novo turismo: multidestino, singularidade de recursos endóxenos e exclusivos de Galicia e o novo perfil de turista. Finalmente explícanse as medidas tomadas desde a Secretaría Xeral para potenciar o turismo.