Explícase a importancia das marcas no éxito empresarial co exemplo do sector téxtil. Pártese dunha definición do concepto de marca analizando as repercusións na sociedade e no proceso de internacionalización das empresas, prestando especial atención á situación de España e de Galicia. Defínese o concepto de marca país como un conxunto de activos e pasivos vinculados á imaxe dun determinado territorio que incrementan ou diminúen o valor dos servizos e produtos ofrecidos polas empresas dese país. Ademais explícase a influencia das institucións públicas sobre este factor. Abórdase o tema da internacionalización como unha das materias pendentes no noso país e proponse a creación de marca como unha das posibles solucións. Finalmente ofrécese unha completa explicación da internacionalización do sector téxtil galego centrándose tanto na estratexia de comunicación como na xestión xurídica da marca.