A marca de garantía Galicia Calidade é unha sociedade anónima que nace en 1991, converténdose na primeira marca de garantía concedida en España. Créase a partir dunha campaña institucional da Xunta de Galicia coa finalidade de ofrecer un selo de calidade. Cando unha entidade quere usar a marca de Galicia Calidade pídeselle que cumpra un prego de condicións que garantan tanto a súa calidade como a súa procedencia. O relator explica os pasos a seguir para poder unirse á marca de garantía e a documentación básica que se precisa para facer a petición. Finalmente faise referencia ás actividades de promoción que leva a cabo a sociedade e dos estudos de opinión e de mercado realizados.